O pleno de Boiro debateu os puntos municipais máis relevantes

18 Decembro 2020

O Concello de Boiro celebrou este xoves 18 o seu pleno ordinario correspondente ao mes de decembro, unha sesión que novamente foi retransmitida a través de Youtube e que deu comezou coas ausencias da concelleira do grupo municipal Boiro Novo, Dores Torrado, e do concelleiro do Partido Popular, Manuel Romero.

Antes de comezar coa orde do día, o portavoz do Partido Popular, Juan José Dieste, tomou a palabra para propoñer á corporación que, debido á situación sanitaria na que se atopa o municipio, se debátense unicamente os puntos mais relevantes. O presidente deu a palabra aos demais portavoces dos grupos políticos e decidiuse tratar os tres primeiros puntos e retirar os demais da orde do día e deixalos para a seguinte convocatoria. Finalmente procedeuse a aprobar a acta da sesión anterior (con 15 votos a favor e por unanimidade) e a conta xeral de 2019 (aprobada cos 12 votos a favor do PP, do PSOE e de Ciudadanos e abstencións do BNG e de IC Boiro), amais da modificación da Ordenanza Fiscal de Terrazas (aprobada con 15 fotos a favor, por unanimidade).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.