O Noia FS resolve o partido contra o Talavera e xa pensa na Copa do Rei

15 Decembro 2020

Imaxe cedida por Antonio A. Torres

O Noia Portus Apostoli logrou seu sétimo triunfo da temporada logo de vencer na súa visita ao Talavera por 1-3. Un partido moi igualado que se resolveu no tramo final do encontro.

O Primero de Mayo acollía un encontro entre dous dos mellores conxuntos da categoría, algo que se deixaría ver dende o pitido inicial do árbitro. Ámbolos dous conxuntos mostráronse tímidos e respectando ó equipo que tiñan en fronte. Non sería ata o último minuto, e logo dun par de chegadas con perigo, cando Lluc aproveitou unha transición ofensiva para facer 0 -1 co que se chegaría ao descanso e poñer por diante ós noieses.

O segundo período comezou con máis ritmo, sobre todo polo conxunto local que comezou a apertar a saída de balón dos de Marlon Velasco. Froito desta atrevida decisión, chegou o empate no 4’ por medio de Pepe. Encontro empatado, e prevíase que quen marcara o seguinte gol contaría cunha gran vantaxe para levarse o encontro. Por sorte apareceu Pirata, para os noieses, no minuto 30 para anotar o 1-2 cun disparo dende fora do área e bater a Rafa Luque. O Noia FS aguantou o resultado pero sen deixar de buscar o gol da tranquilidade, que chegou no 39’ das botas de Antonio Diz, que puxo o definitivo 1-3.

Con este triunfo o Noia Portus Apostoli mantense no máis alto da táboa con 7 vitorias e un empate nas 8 xornadas disputadas ata o momento na Segunda División Subgrupo 1. Hoxe o cadro de Marlon Velasco recibirán nos oitavos de final da Copa do Rei ó Viña Albali Valdepeñas, actual subcampión da Primeira División e da Copa. O encontro terá lugar no Agustín Mourís a partir das 20:30 e será emitido a través de cmmplay.es.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.