O espectáculo Polo Camiño, contos da feira será finalmente o día 19 no Cine Elma da Pobra

14 Decembro 2020

Xa hai nova data para o espectáculo Polo Camiño, contos da feira da compañía A Cova das Letras na Pobra do Caramiñal, logo de que tivese que ser adiado por cuestións alleas ao Concello. Será no Elma, o 19 de decembro, ás 19.00 horas. Trátase dunha proposta con monicreques de luva e de táboa e que se basea na tradición oral galega e mais noutras literaturas populares para narrar a historia dunha feira na cal conflúen seis personaxes.

Serán media ducia de persoeiros que, cos seus contos e cantos, farán voar a imaxinación do público: a fotógrafa minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira.

Dáselle así continuidade ó programa de dinamización lingüística FalaRedes 2020, da Secretaría Xeral da Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (RDL), á cal o Concello da Pobra do Caramiñal pertence dende hai un ano a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), adscrito á Concellaría da Normalización Lingüística, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG).

A actividade é de balde e apta para tódolos públicos. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal se aconsella a reserva previa da entrada a través do teléfono de contacto 676666263, ben sexa chamando ou por Whatsapp. A fin do prazo da inscrición é ás 16.00 horas do propio día do evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...