O cribado realizado en Boiro a fin de semana alcanza unha participación do 80%

07 Decembro 2020


O Sergas continuará este martes coas probas, para o que a poboación será citada a través de SMS O cribado realizado polo Servizo Galego de Saúde durante a fin de semana en Boiro, ao que estaban chamadas unhas 3.500 persoas, alcanzou unha participación do 80 por cento, segundo datos da área Sanitaria de Santiago-Barbanza.

Centro Saúde Boiro

As PCR foron efectuadas polo persoal de enfermería do Servizo de Medicina Preventiva entre o venres e o domingo. En concreto, comezou o venres con profesionais da hostalería e continuou nos días sucesivos entre a poboación de entre 35 e 44 anos con tarxeta sanitaria na localidade. O cribado continuará a partir deste martes, cando serán chamados a participar o 20 por cento restante que non acudiu e máis persoas, tal e como indican fontes da área Sanitaria.

As probas levan a cabo en diferentes puntos, entre eles o centro de saúde de Boiro e o Hospital de Barbanza, en Ribeira, e teñen o obxectivo de localizar positivos por covid-19 asintomáticos. A poboación é citada a través dun SMS no que figurará a hora e a dirección á que deben acudir, así como un Código QR para a súa identificación persoal. A toma de mostras será nasofaríngea para realizar PCR, que será analizada pola técnica ‘ pooling’.

O Sergas decidiu acometer este cribado debido ao incremento dos contaxios de coronavirus no concello, que desde o sábado permanece coas restricións máis severas para facer fronte á pandemia, entre elas o peche perimetral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...