O Concello de Ribeira celebra a loita pola inclusión con AMBAR, Amicos e A Creba

03 Decembro 2020

Con motivo da conmemoración, este 3 de decembro, do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Casa do Concello de Ribeira deu cabida a un acto institucional para celebrar a loita colectiva contra as moitas e variadas barreiras aínda existentes no camiño da inclusión plena. No acto, celebrado no salón de plenos do Consistorio, o alcalde Manuel Ruiz recibiu ás representantes das tres asociacións que dentro do municipio aglutinan a colectivos que traballan pola integración das persoas con diversidade funcional: Amicos, AMBAR e A Creba.

Estas representantes (Milagros Rey por Ambar, Digna Iglesias por Amicos e Montse Vila por A Creba) fixeron fincapé na necesidade de “seguir traballando pola integración social das persoas con diversidade funcional e nas eivas que está a xerar a pandemia, por exemplo as relacionadas coa brecha dixital”. Ademais, Carolina Castro, usuaria de Amicos, leu un manifesto conmemorativo.

Manuel Ruiz tivo palabras de recoñecemento ás tres asociacións polo traballo diario que fan en favor dos discapacitados e discapacitadas da nosa contorna.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...