O Concello de Rianxo informa de cambios de localizacións nas actividades de Titiriberia

23 Decembro 2020

O Concello de Rianxo compartiu estes días unha serie de cambios realizados no programa do festival de teatro de máscaras e monicreques Titiriberia, que se celebra este Nadal na vila rianxeira. Segundo fai saber o Concello, decidiuse que os espectáculos programados de Titiriberia para o CCD de Taragoña sexan trasladados finalmente á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Son, concretamente, O Baúl de Barriga Verde, de Títeres Cascanueces, o sábado 26 de decembro, ás 18.00 horas; e Teatro á feira de A cova das letras, o domingo 27 ás 12.00 horas.

Por outra banda, as citas que estaban previstas para os soportais da praza Castelao terán tamén un novo emprazamento: o salón de actos do Cuartel Vello, os mércores 23 e 30, de 12.00 a 14.00 horas. Son Vitoria. Nostalxias do pasado, de Diáspora Teatro e Este espectáculo foi ilegal, de Seisdedos marionetas.​​​​​​

“Debido a evolución da situación epidemiolóxica no concello, para o bo e seguro desenvolvemento das actividades, intensificaranse as medidas de prevención como maior distanciamento social, redución de aforo, incremento de limpeza e desinfección”, engadiu o Concello ao fío da crise sanitaria que se intensificou estes días no termo municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...