O Concello da Pobra ofrece levar compras de alimentos ou medicamentos á veciñanza confinada e que viva soa

30 Decembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría dos Servizos Sociais, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG), puxo en marcha un servizo para levar medicamentos e alimentos á veciñanza do municipio que viva soa e optase por se confinar debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, poñendo o foco (especialmente) na xente maior do termo municipal.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a petición a través do teléfono de contacto do Concello, 981843280, ou dos Servizos Sociais, 981 832 764, marcando as extensións 2204 e 2200. Deseguido, a referida área valorará a situación persoal das persoas solicitantes e poñerase en contacto cos voluntarios e voluntarias da Protección Civil para realiza-las xestións oportunas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.