O Club Remo Puebla regala ao Concello un maillot asinado polos remeiros

23 Decembro 2020

Os éxitos acadados polo Club Remo Puebla estarán presentes no Consistorio da Pobra do Caramiñal, logo de que o equipo agasallara ao Concello o maillot de campión da Liga Galega de Traiñeiras Liga B 2020 asinado polos 21 remeiros que forman o grupo.

Ademais, os seis maillots acadados neste ano están sendo repartidos entre as empresas patrocinadoras, e outorgando un á Administración local polo apoio amosado á entidade deportiva.

A entrega do agasallo foi da man de Adrián González, remeiro e directivo do club, nun acto ao que asistiron membros da corporación municipal, entre eles, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro e a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.