O BNG presenta as súas emendas aos orzamentos da Xunta para Muros-Noia

29 Decembro 2020

A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez, presentou mediante unha rolda de prensa as emendas aos orzamentos da Xunta destinadas á comarca de Muros e Noia, que serán discutidas a partir do vindeiro 11 de xaneiro.

A deputada tratou diversos eidos que afectan á comarca, comezando pola necesidade de aumentar o gasto na mellora da rede de saneamento no municipio de Outes e da Xunqueira de San Lázaro en Noia. O investimento suporía un total de 25 millóns de euros, aos que hai que sumar un millón máis para a rexeneración dos bancos marisqueiros da ría de Muros e Noia.

Doutra banda, Pérez destacou a importancia do sector do mar, ao que mostrarían seu apoio cunha axuda de 6 millóns de euros para un Plan Urxente de Recuperación do sector marisqueiro de baixura, así como unha mellora do funcionamento do Intecmar. Ademais, pretenden actuar na captación de auga no río Beba, en Mazaricos, e acondicionamento dos vestiarios do marisqueo a pé da zona Testal en Noia.

Por outra parte, Rosana Pérez presentou unhas medidas para a mellora da seguridade viaria e outros traballos destinados a diferentes zonas de Muros e Noia, como a conservación das pontes fronteirizas entre Noia e Outes ou a remodelación da Praza de Abastos.

Por último, a deputada non quixo esquecerse do eido educativo, que considera de vital importancia a mellora da rede pública comarcal, e proxectar as escolas infantís tanto de Outes como en Noia, que incluiría a construción dun comedor escolar no CEIP Rodríguez Cadarso. Rosana Pérez, para finalizar, quixo reclamar uns plan de saída da crise da COVID-19 da sociedade galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.