No cribado de Boiro participou xa o 80 % dos convocados

06 Decembro 2020

A media do cribado feito nos dous primeiros días no concello de Boiro participou xa o 82 por cento da poboación convocada.
No cribado que se realizou onte sábado no Centro de Saúde de Boiro aos cidadáns de entre 35 e 45 anos, participaron preto do 75%. O persoal de enfermaría do Servizo de Medicina Preventiva da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza seguirá hoxe desenvolvendo no centro de Saúde o cribado nos que se citarán a unhas tres mil cincocentas persoas en total. Estes cribados veñen sumarse a outros máis selectivos xa realizados en días anteriores neste concello e buscan detectar persoas infectadas con COVID asintomáticos.
A poboación é citada a través dun SMS no que figurará a hora á que deben acudir ao Centro de Saúde, así como un Código QR para a súa identificación persoal. A toma de mostras é nasofarínxea para realizar PCR, que será analizada pola técnica pooling.

No que se refiere o venres o cribado que se realizou aos cidadáns de Boiro no Hospital da Barbanza participaron preto do 90%. O persoal de enfermaría do Servizo de Medicina Preventiva da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza seguirá hoxe e mañá desenvolvendo diversos cribados no Concello de Boiro nos que se citarán a unhas tres mil cincocentas persoas en total. Desenvolverase no centro de Saúde de Boiro. Estes cribados veñen sumarse a outros máis selectivos xa realizados en días anteriores neste concello e buscan detectar persoas infectadas con COVID asintomáticos. Nos últimos días incrementáronse sustancialmente os casos positivos vinculados con este concello, que desde hoxe limita a súa mobilidade cos municipios limítrofes.
A poboación será citada a través dun SMS no que figurará a hora e a dirección á que deben acudir, así como un Código QR para a súa identificación persoal. A toma de mostras será nasofaríngea para realizar PCR, que será analizada pola técnica pooling.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.