Na Pobra un incendio nunha nave industrial sáldase sen feridos

19 Decembro 2020

Un lume provocou importantes danos materiais nunha nave de reparacións de elementos náuticos localizada no concello da Pobra do Caramiñal.

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia para informar dos feitos. Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o lume comezou ás 13:00 horas nun edificio industrial localizado no lugar do Camiño Ancho. De acordo co relato das testemuñas do suceso, non había persoas afectadas, pero era necesaria a intervención dos equipos de extinción pois o lume entendíase rapidamente, o que ameazaba á integridade das vivendas lindeiras.  

Así, tras ser alertados polo 112, ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Ribeira e de Boiro que traballaron arreo ata a completa extinción do incendio, concretada dúas horas despois.

Unha vez finalizada a intervención, os servizos de emerxencia confirmaron que, malia que a estrutura da nave non se viu comprometida, o seu interior ardeu por completo. Entre o material calcinado atopábanse ferramentas, repostos, garrafas de aceite e unha furgoneta.

Para colaborar no operativo, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, avisouse tamén aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.