“Marear a perdiz”. Antón Luaces

01 Decembro 2020

É lamentable que, cando os sectores pesqueiro e conserveiro galegos se unen para perfilar un mellor futuro económico e social, sexa o Goberno da nación quen, unha outra vez, da pulo -ou tenta facelo- ao sector da acuicultura nunha mostra que, moitas veces, semella ser de máis interese para o presente e o futuro de España. É como se a denominada “pesca salvaxe” que pactican os mariñeiros tivese que coexistir coa acuicultura dende unha formulación de desigualdade.

É un intento de marear a perdiz. 
Entre os anos 2021 e 2030 téntase acadar un importante avance da acuicultura apoiándose  na estratexia que actualmente deseña o Goberno. Esta nova estratexia para potenciar unha acuicultura “moderna” no devandito período, debe respostar a retos como o cambio climático. a necesidade de proporcionar alimentos, a información ós consumidores e os permisos para a instalación de granxas. Incide deste xeito o Goberno de Pedro Sánchez no plano estratéxico para a produción acuícola en marcha para o periodo 2015-2020 que, certamente, non acadou unha resposta axeitada malia que a acuicultura é o sector alimentario que máis medrou nos últimos 50 anos, segundo a FAO. A produción de especies como a robaliza (lubina, en castelá) ou a dourada sí que lograron unha posición ben salientable.
A acuicultura xera actualmente o 62,5% do peixe mundial que chega á mesa dos consumidores, con China como principal país produtor. España é o primeiro país piscícola da Unión Europea en volume: cultiva máis de medio cento de especies, entre as que destaca o mexillón (do que Galicia é a principal produtora mundial). En 2019 a produción acuícola chegou ás 330.000 toneladas, cun valor de 590 millóns de euros. O consumo humano mundial de produtos do mar acadou niveis de récord. Este crecemento vai continuar en todos os continentes, agás no de África.
Unha de cada tres especies da pesca salvaxe está sobreexplotada, segundo afirma o director da División de Pesca da FAO, Manuel Barange, quen abogou por espallar a acuicultura como parte integrante da denominada “economía azul”. Unha economía que, malia a color, non encaixa certamente coas necesidades dunha sociedade -a da xente do mar de Galicia- que precisa de maior esforzo na capacidade do sector pesqueiro, que esmorece a marchas forzadas.
Non hai, por outra banda, a percepción de que nas administracións pesqueiras -municipal, autonómica, nacional e comunitaria- exista a mesma adicación á acuicultura que á pesca, quedando o mar reducido a ser un simple escenario de acuicultura e parques eólicos. 
Será este o obxectivo principal desas administracións?.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.