Morre un ribeirense de 88 anos. Galicia rexistra un total de 5.716 casos activos por coronavirus

26 Decembro 2020

Sanidade informa da morte dun home de 88 anos de idade e veciño de Ribeira. O ribeirense ingresara primeiro no hospital de Barbanza, e despois de pasar uns días no complexo hospitalario de Oleiros foi trasladado ao CHUS onde finalmente faleceu.

En Galicia o Segas informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.716, deles 901 son da área da Coruña, 381 da de Lugo, 558 da de Ourense, 907 da de Pontevedra, 1.232 da área de Vigo, 1.355 da de Santiago, e 382 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 273 en unidades de hospitalización e 5.388 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 54.065 persoas curadas, rexistrándose 1.363 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.088.871.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...