Galicia pecha perimetralmente durante a ponte para evitar a mobilidade con Portugal

02 Decembro 2020

A Xunta de Galicia comunicou este mércores ao Goberno central que procederá a pechar perimetralmente o conxunto da comunidade durante a próxima ponte de decembro, para evitar o risco de desprazamentos, especialmente desde e cara a Portugal.

En concreto, a comunidade permanecerá pechada entre as 00.00 horas do próximo venres, 4 de decembro, e as 00,00 horas do mércores, día 9.

A decisión tomouse despois de que os membros do Comité Clínico considerasen “prioritario” protexer a mobilidade desde e cara a Portugal, dada a elevada incidencia de coronavirus que presenta esta área.

Aínda que inicialmente barallouse a posibilidade de reclamar ao Goberno central, a través de Exteriores, o peche desta fronteira, finalmente, considerouse que non procede “facelo por partes”.

Deste xeito, Galicia toma a decisión de permanecer pechada durante esas xornadas, o que tamén evitaría entradas e saídas desde outros puntos de España. Aínda que a maioría das comunidades xa trasladaron a súa intención de pecharse perimetralmente eses días, hai algunhas que aínda non manifestaron a súa opción.

Durante a rolda de prensa celebrada esta mañá para dar conta das novidades do plan de desescalada proposto por Executivo galego en consonancia coas recomendacións do comité clínico, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu dos riscos de empeorar a situación epidemiolóxica se se incrementa a mobilidade durante eses días. “Imos mandar unha mensaxe moi clara aos galegos”, dixo o xefe do Executivo galego, que os instou a “non viaxar na ponte”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...