En Ribeira os servizos sociais unen a adolescentes con usuarios da residencia de maiores nun proxecto de confección de bolsas ecolóxicas

07 Decembro 2020

“Conexión Patchwork” pretende loitar contra soidade en tempos covid.

Dende o programa Express-Arte, cofinanciado pola Consellería de Política Social, o Fondo Social Europeo e o Concello de Ribeira, tense desenvolvido
unha iniciativa creativa denominada “Conexión Patchwork”: un proxecto realizado polo grupo artístico adolescente DJ Plastics coa residencia de maiores de Ribeira.
A actividade, que conta coa colaboración coa artista Paula López Vallejo, busca tecer sinerxías e establecer vínculos entre dúas xeracións aparentemente antagónicas, onde maiores e adolescentes se converten por un tempo en compañeiros de obradoiro na distancia, sorteando o virus grazas á imaxinación.
Nos tempos de covid, onde o foco apunta moitas veces cara osmozos pola súa suposta falta de conciencia e responsabilidade, o grupo DJ Plastics viu a rachar con esta imaxe negativa realizando unha serie de obras colaborativas con persoas maiores da residencia.

Por videochamada
O resultado desta colaboración, aínda en proceso, será unha serie de bolsas de tea confeccionadas semana a semana de forma artesanal, onde os integrantes do proxecto se intercambian as obras para traballar de maneira conxunta. Graza ás videochamadas os maiores poden estar en contacto cos adolescentes e charlar sobre o proxecto e as súas propias vidas, sentíndose útiles, escoitados, e esquecendo por un momento a soidade inherente a estes tempos difíciles.
“Conexión Patchwork” é unha proposta onde o máis actual (videocall por Skipe) mestúrase coa pura tradición da costura para crear obras ecolóxicas, funcionais e reutilizables, pero sobre todo para constatar unha vez máis que a arte e a creatividade son dúas grandes ferramentas para mellorar a vida das persoas.

A empatía, a aprendizaxe, a historia, o significado e o cariño únense nun proxecto que rematará o 17 de decembro coa entrega final das bolsas entre compañeiros, seguindo por suposto todas as normas que marcan as circunstancias.

dav

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.