En Ribeira investigada unha conserveira pola vertedura de hidrocarburos en outubro na ría de Arousa

04 Decembro 2020

Numerosos medios anticontaminación tiveron que traballar varios días en outubro para loitar contra a vertedura, que parece saíu polo emisario de O Touro, tal como informamos en O Barbanza.

O equipo do Seprona da Garda Civil da Coruña investiga por un delito contra o medio ambiente e os recursos naturais a unha empresa conserveira de Ribeira en relación á vertedura de hidrocarburo que afectou á ría de Arousa, á altura de Punta de Touro, entre os días 10 e 15 de outubro.

Cedida

Segundo informou o instituto armado, a investigación iniciouse por mor de que o servizo de Salvamento Marítimo localizase a mancha de hidrocarburo durante un voo o 13 de outubro, un feito que trasladou ao Seprona.

Tras iso, os axentes puideron comprobar que, o día 10 de outubro, por mor dun derrame de fuel na planta dunha empresa do polígono industrial ribeirense de Xarás , unha parte deste combustible acabou vertido na rede de saneamento. Frinsa é a única gran conserveira dese polígono.

Deste xeito, chegou ao emisario submarino que parte das antigas instalacións da EDAR municipal en ‘Punta de Touro’, o cal verte as augas residuais do polígono de Xarás na ría de Arousa.

Ademais, outra parte do fuel chegou á nova EDAR de Couso, aínda que a maior parte quedou retido nos impulsos mencionados, onde se realizaron tarefas de limpeza e retirada do mesmo por parte do xestor deste tipo de residuos facilitado por Frinsa.

Esta mancha obrigou no seu día a activar os plans anticontaminación do medio mariño, coa colocación de barreiras e a recollida de combustible a través de mantas absorbentes. Unhas tarefas nas que participou unha gran cantidade de medios.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.