En Corrubedo rescatado un home que caeu o mar

12 Decembro 2020


O golpe de mar fixo que caese de costas e golpeásese coas rocas preto do Faro de Corrrubedo.
O home de sesenta anos tivo que ser rescatado despois de que unha onda o tirase contra as rocas. As informacións indican que se achegou a contemplar o mar e cando estaba subido no alto dunha pedra, un golpe de mar sorprendeuno e arrastrouno caendo de costas sobre as rochas.

O home puido agarrarse e non ser arrastrado pola resaca da onda, momento no que comezou a pedir axuda. Un mozo que se atopaba nas inmediacións acudiu a socorrelo aínda que toda a zona era esvaradía e corrían perigo de caer os dous. Finalmente puido chegar ata o ferido e acompañalo ata a chaira do faro, onde minutos despois chegou unha ambulancia que o levou a un centro médico, debido a que presentaba un forte golpe na cabeza e nunha perna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.