O día de Noiteboa Galicia queda na influencia das altas presións, con circulación de ventos do norte- nordés. Así, comezaremos a xornada con bancos de néboa en puntos do interior que deixarán paso a alternancia de nubes e claros, con máis nubes no terzo norte onde se rexistrarán chuvascos e ceos con menos nubes no sur. As temperaturas sufrirán un descenso entre moderado e notable, sendo máis acusado nas mínimas, con xeadas en moitos puntos do interior. O vento soprará do norte, virando a nordés progresivamente, moderado na costa e máis frouxo no interior.
Durante o día de Nadal continuaremos baixo influencia anticiclónica, con circulación do nordés. Con esta situación, agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con alternancia de nubes e claros no terzo norte e con posibilidade de chuvascos ocasionais na Mariña. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con xeadas en zonas de interior. Os ventos soprarán do nordés, moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral noroeste.