O Nadal tráenos un número dobre da nosa revista “O Barbanza”. Boas Festas

24 Decembro 2020
Portada número 16

Queremos celebrar cos noso lectores e seguidores estas festas e por iso saímos cun número especial dobre dá nosa revista mensual que xa está repartida en todolos concellos dá comarca.

Nas súas páxinas chegámonos á realidade das medidas domésticas para afrontar as celebracións e percorremos o boom dos deportes ao aire libre. Como é habitual nos últimos números amosamos o noso apoio o comercio local e o sector da restauración.

Pero tamén a historia está presente. Nestas datas en que andamos cúmprese o centenario do afundimento do vapor- correo Santa Isabel o próximo 2 de xaneiro, a segunda traxedia en número de vítimas civís de Galicia con 213 mortos, publicamos un resumo con material gráfico e infografía do acontecido aquela noite que tanto marcou as nosas costas.

Portada número 17

Pasamos revista a situación da Covid na comarca e percorremos as novidades das literaturas de aquí, boas propostas para agasallar nestas datas.

Estes son só algunhas das moitas reportaxes que traen as páxinas de O Barbanza que coma sempre cunha tirada de sete mil exemplares, foi repartido xa de balde en todolos concellos da comarca e pódese descargar ou ver en pdf na web “obarbanza.gal” ou solicitala por email a  lectores@obarbanza.gal.

A todos grazas polo apoio e Bo Nadal e próspero 2021. Vémonos a diario no noso xornal dixital en “obarbanza.gal” .

Outros artigos

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda. Video

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda, desde o Museo de Pontevedra O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a gravación da mesnaxe de Fin de Ano de 2025. Museo Provincial (Pontevedra), 27/12/25. Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta...

+

Amicos despide 2025 coas pre-badaladas no Centro Integral de Boiro

A Asociación Amicos celebrou este mércores 31 de decembro as tradicionais prebadaladas de fin de ano no Centro Integral Amicos de Boiro, nunha xornada festiva na que participaron máis de 40 persoas beneficiarias da entidade. O encontro contou coa presenza da directora...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.