Segue en directo Online o Festival en pro de Cáritas Ribeira

20 Decembro 2020

Un dos eventos máis tradicionais na cidade ribeirense cando chega o Nadal é o festival solidario a beneficio de Cáritas que, aínda que non se vai celebrar no seu formato habitual, si vai ter lugar variando o seu
concepto para adaptalo as limitacións covid.
O evento, ten lugar esta tarde do domingo 20 de decembro ás 19 horas. Consistirá nun recital do barítono Borja Quiza e o pianista Fernando Briones baixo o título “A Emigración Galega. Cancións de ida e volta”. Trátase dun concerto lírico para voz e piano que pretende facer un repaso polas cancións multiculturais que unen ao pobo galego co seu exilio americano en lugares como Cuba, Arxentina ou México, intercalando as cancións máis populares de ambas as ribeiras do Atlántico con explicacións das mesmas galando do seu significado ou dos compositores.

ENLACE PARA SEGUIR EN DI>RECTO O FESTIVAL DE CÁRITAS: https://youtu.be/1TlrPFRL2tY

Sorteo de agasallos
A actividade estará organizada polo Concello en colaboración con
Cáritas Parroquial e ao seu remate terá lugar o tradicional sorteo de
agasallos doados polo comercio local. Para iso previamente Cáritas
está a vender rifas que serán as que darán a posibilidade de conseguir todos eses premios e agasallos, e todo o recadado destinarase aos fins sociais da entidade.

En pricipio estaba prevista a asistencia de 60 persoas pero a situación da pandemia obrigou a limitar o acceso o recinto polo que o evento emitirase en directo a través da internet pola canle de Youtube do Concello para que non se perdan detalle da actuación nin do sorteo por se resultan agraciados. Tamén a TVB local transmitirá o festival.
Tanto o párroco Alfonso Mera como as integrantes da organización
benéfica agradeceron a disposición do Concello a celebrar esta
actividade e que Cáritas siga presente na programación de Nadal.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión