“Canóns, 200 millas e manteiga”. Antón Luaces

14 Decembro 2020

O calendario 2021 vai abrir, con case total certeza, con catro buques de guerra da Royal Navy en plan policía militar e vixiando as Zona Económica Exclusiva do Reino Unido, á que non poderá acceder nin un só barco de pesca comunitario. Todo, porque os pasos dados ata o de agora para evitar o máis que anunciado divorcio entre a Unión Europea e a Gran Bretaña, non serviron -nin creo que poidan servir no futuro inmediato- para aproximar as posturas daqueles que, ata o último minuto do ano 2020, tiveron a oportunidade de desfacernos todo canto lles uniu durante os últimos 40 anos de historia en común.

Non hai, a día de hoxe, acordo de divorcio. O primeiro ministro británico Boris Johnson non quere que o brexit deixe de ser historia porque el, Boris, renuncie a uns postulados polos que aposta firme e decididamente. A resposta dáa un país que o compartiu todo, absolutamente todo, coa Unión Europea, ata o extremo de facer a esta cega e muda en cuestións como a polémica Guerra das Malvinas, a “guerra” do fletán e ata a dura roca da Rocha de Xibraltar. A resposta, verdadeiramente, non pode ser máis clara, a día de hoxe: canóns e metralladoras montados en buques de guerra dispostos a recibir nas 200 millas das súas augas económicas exclusivas ( ZEE) de forma inequívoca a canto pesqueiro comunitario traspase a liña fronteiriza na Canle da Mancha. As patrulleiras de costa británicas teñen orde de deter, inspeccionar e incautar calquera pesqueiro non británico que navegue -non digamos xa pesque- sen autorización nesas 200 millas da súa ZEE. Duascentas millas, cen menos que as da famosa canción versionada en español fai 50 años por Tim, Nelly y Tony, os aplaudidos TNT.

Certo é que as autoridades navais británicas xa aclararon ao diario The Guardian que os seus barcos grises -é dicir, os de guerra, os que meten medo- non van abrir fogo -nin sequera para advertirlles dunha posible infracción- contra os pesqueiros dos países máis ou menos veciños. Por exemplo, contra os de en fronte, os franceses, veciños cos que compartiron mesmo manobras da OTAN. E o mesmo podería deducirse en canto á aplicación de medidas contra a frota española que tamén transita e pesca -ata o de agora- en augas propias do Reino Unido.
Parece que hai cuestións, poucas, que sendo aínda negociables, Boris Johnson rehúsa poñer sobre a mesa á hora de valorar un posible acordo definitivo. Pero o seu pelo, o seu tradicional mal vinagre ou malo leite -din que nacionalista- lle impiden ver máis aló da punta do seu nariz.
As augas da Canle da Mancha e o que estas conteñen en materia de pesca son un valor económico indiscutible, agora. Non era así fai un par de anos, cando os único que poñían en solfa os asuntos pesqueiros do seu país eran os armadores británicos.
A suposta “abrupta” saída do Reino Unido da Unión Europea será o resultado dunha moi mala negociación na que o primeiro ministro británico comportouse como un antigo sereno disposto a deixar sen luces a toda a costa da súa illa.
A pesca é esencial para Johson. Repito: o é agora, cando non sei por que, deuse conta de que, do antigo poder marítimo do que dispuxo a vella Inglaterra, quedan catro pescadas, tres galos, uns quilos de rape, uns kilillos de lagostino e moito eu son a raíña dos mares. Á vella Inglaterra quedan agora o orgullo de ser e os recursos pesqueiros cos que “tourear” aos pescadores comunitarios.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...