Aumentan os casos positivos nos colexios da comarca. Galicia rexistra un total de 5.618 casos activos por COVID-19

17 Decembro 2020

Segundo os datos de Sanidade a día de hoxe son 76 os casos activos vinculados os colexios do Barbanza, catro máis que na xornada de onte. Non aumentaron os centros pero si mais positivos nos xa afectados. Así María Assumpta de Noia, sumou dous casos contando xa con oito sendo o centro máis afectado da comarca. Tamén creceu a cifra de positivos no noiés CEIP Felipe de Castro, que cun máis eleva a cifra a catro; con tres aparecen na listaxe o rianxeiro IES Félix Muriel e o Número Un de Ribeira, onde tamén se confirmou un novo afectado nas últimas horas, do mesmo xeito que no instituto da Pobra, que agora ten dous.

Baixan os positivos no IES A Cachada, con catro tras rexistrarse un alta, e o Poeta Añón, onde queda un alumno con covid. Seguen pechadas seis aulas, en Ribeira no CEIP Heroína de Sálvora e no colexio de Frións, en Boiro unha na escola infantil e outra no CEIP Praia Xardín e en Noia no Felipe de Castro e no María Assumpta.

Pola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.618, deles 899 son da área da Coruña, 433 da de Lugo, 458 da de Ourense, 865 da de Pontevedra, 1.308 da área de Vigo, 1.100 da de Santiago, e 555 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 302 en unidades de hospitalización e 5.266 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 50.993 persoas curadas, rexistrándose 1.327 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.016.839.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Outros artigos

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...