As nenas e nenos de Rianxo poden manter unha vídeo-chamada cos Reis Magos

29 Decembro 2020

O Nadal prosegue en Rianxo aínda que poñendo o foco nas novas ferramentas da información, garantindo a seguridade sanitaria e, tamén, a comunicación con algúns dos grandes protagonistas destas festas, por exemplo os Reis Magos de Oriente. Nesta liña, a Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), coa colaboración do Concello de Rianxo, vai facilitar a posibilidade de que as crianzas do concello poidan falar coas Súas Maxestades este Nadal desde as súas casas.

Para que os Reis poidan establecer comunicación coas nenas e nenos de Rianxo, as familias deberán rexistrar unha data concreta e as Súas Maxestades poranse en contacto con elas a través de vídeo-chamada no día e na hora previamente reservados. As inscricións poden facerse a través de Nadal2020.es. O prazo remata este martes 29 de decembro. Achégase un vídeo promocional sobre a iniciativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.