As Brigadas Deseucaliptizadoras exportaron a unha manchea de comarcas o modelo ambiental de Froxán (Lousame)

28 Decembro 2020

Coincidindo coa última erradicación colectiva de especias invasoras celebrada esta ano, esta fin de semana que vimos de deixar atrás, as Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia e a Fundación Montescola, con sede de operacións principal no medioambientalmente activista núcleo de Froxán (Lousame), fixeron balance das xeiras de traballo realizadas en 2020 nos montes galegos: diferentes recantos onde se desenvolveron rogas colectivas para erradicar eucaliptos ou acacias e se apostou de cheo por recuperar o bosque autóctono. Segundo fan saber no reconto, as brigadas foron quen se xuntar máis de 900 persoas voluntarias.

A xornada desta fin de semana celebrouse nunha zona da carballeira de Froxán, precisamente, onde participaron máis dunha vintena de deseucaliptizadoras e deseucaliptizadores en pequenos grupos, operando en media hectárea da dita carballeira.

Montescola e as Brigadas fan “un balanzo positivo do ano, a pesar das dificultades para realizar convocatorias e a necesidade de organizar as intervencións en pequenos grupos”. Mesmo así, engadiron, en 2020 fixéronse 15 intervencións sumando xa máis de 900 brigadistas participantes.

Así, fixéronse rogas en Froxán (Lousame), Corcubión, Valón (Ferrol), Montefaro (Ferrol), Coruxo (Vigo), Darbo (Cangas do Morrazo), O Hío (Cangas do Morrazo), Mondariz Balneario e Lentille (O Ribeiro). En Froxán, de feito, desenvolvéronse seis intervencións ao longo do ano en colaboración co Monte Veciñal do lugar e a Fundación Montescola.

As Brigadas volverán á carga no mes de xaneiro “se as circunstancias o permiten” cunha intervención no monte de Lentille (no Ribeiro), estando programadas novas xornadas para a plantación de árbores frondosas autóctonas en Cedeira, Ferrol e Lousame.

Outros artigos

Xoves 24, ceo despexado e temperaturas en ascenso

O xoves, Galicia estará baixo influencia anticiclónica, o que traerá unha xornada de transición meteorolóxica. Pola mañá, néboas e nubes baixas cubrirán o ceo, pero darán paso a ceos despexados en xeral. Pola tarde, poderán formarse nubes de evolución no interior, sen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...