Achégase o Gran Sorteo de Nadal no Porto do Son

28 Decembro 2020

O Concello de Porto do Son puxo en marcha unha iniciativa conxunta cos negocios locais que se adheriron á Campaña de Nadal 2020, que ten como principal finalidade a promoción do comercio local.

Para este obxectivo, os negocios pertencentes á campaña repartirán rifas en cada compra para participar nun sorteo que se celebrará o 8 de xaneiro cunha contía de 1.000 € en premios para gastar nos locais participantes. Así, durante o sorteo extraeranse cinco números, resultando o primeiro gañador principal, e os catro restantes como suplentes. As bases do sorteo poden ser consultadas na páxina web da campaña sonoteucomercio.gal.

O sorteo celebrarase o día 8 a través da plataforma de sorteos Randorium

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...