Aberto en Boiro o prazo para unha selección de técnico/a de administración xeral

28 Decembro 2020

O Concello de Boiro abriu o prazo de presentación de solicitudes para un proceso selectivo de técnica/o de administración xeral. O prazo, de dez días hábiles manterase aberto dende este luns 28. As bases da convocatoria e modelo de instancia están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

En concreto, o obxecto desta convocatoria é “a selección de persoal para a formación dunha bolsa de emprego de técnicos/as de administración xeral do subgrupo A1, que permita a cobertura interina”. O proceso farase mediante oposición, con tres probas que incluirán un exame escrito cunha enquisa de cen preguntas, unha proba escrita de resolución dun ou varios casos prácticos e unha comprobación de coñecemento de lingua galega.

O Concello explica que as persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos como son “o de estar en posesión do título de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente, ter cumpridos os 16 anos e non pasar a idade máxima de xubilación forzosa, non ter sido separado mediante expediente disciplinario de calquera das Administracións Públicas, ter a nacionalidade española e posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas”.

O prazo de presentación de solicitudes, de dez días hábiles a contar dende a publicación das bases no BOP, está aberto dende hoxe e ata o día 12 de decembro. Toda a documentación requirida debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.