A reforma dos peiraos de Testal beneficiará a máis de 260 embarcacións pesqueiras

01 Decembro 2020

Este primeiro de decembro o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e parte do equipo de Goberno local acompañaron á conselleira do Mar, Rosa Quintana, e á presidenta de Portos, Susana Lenguas, nunha visita ao Porto e á Lonxa de Testal, co fin de comprobar in situ as necesidades das e dos traballadores destas instalacións e avanzar detalles sobre as vindeiras obras previstas nelas, concretamente a reforma dos peiraos flotantes (pantaláns) e os fingers que beneficiará, segundo explicaron, a máis de 260 embarcacións pesqueiras.

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, licita esta actuación por un orzamento de 450.000 euros. Os traballos incluirán a renovación integral de pavimentos, o fornecemento de servizos básicos e o sistema de apertura de portas co teléfono móbil. O prazo para a execución da obra é de catro meses.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...