A Real Filharmonía homenaxea con tres concertos a figura do musicólogo xesuíta José López Calo, natural de Porto do Son

14 Decembro 2020

Estea semana previa ás celebracións do Nadal a Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer, con posibilidade de velos e escoitalos en streaming a través da canle de Youtube e do Facebook da RFG, tres concertos de homenaxe ao musicólogo José López Calo, prestixioso e recoñecido investigador de Porto do Son falecido na primavera pasada. A batuta levaraa o Mestre Maximino Zumalave, director asociado da RFG. Trátase dunha coprodución con Amigos da Ópera de Santiago.

O primeiro concerto será este xoves 17 en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20.30 horas, co aforamento ampliado a 236 persoas.

Como todos os concertos da tempada, poderase seguir en directo a través das redes sociais.

O venres 18 a RFG desprazarase a Ferrol, onde tocará no Auditorio da cidade, tamén ás 20.30 horas, no marco da colaboración coa Sociedade Filharmónica de Ferrol. E o sábado 19 tomará a substitución o Teatro Principal de Ourense (20:00 h), froito da colaboración da RFG coa Deputación de Ourense.

O Pai Calo, un gran investigador e divulgador da música

Baixo o título In nomee Domini, estes concertos son un recoñecemento ao senlleiro musicólogo galego José López Calo (Porto do Son, A Coruña, 1922- Salamanca 2020), máis coñecido como Padre Calo, pola “súa extraordinaria carreira dedicada ao estudo da música española”. A RFG salienta “o enorme legado do sacerdote xesuíta”, entre o que destacan importantes estudos sobre a música das catedrais españolas e a música barroca e renacentista en xeral, así como sobre a música do Camiño de Santiago.

Foi asesor musical de Radio Vaticano, secretario xeral da Sociedade Internacional de Música Sacra, profesor asistente da Cátedra de Musicología do Instituto Pontificio e profesor de a Universidade de Santiago. A súa obra componse de máis de sesenta libros e de preto de mil artigos, que abranguen facetas moi variadas da música. En 1998 recibiu a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes e en 2002 o Premio das Artes e das Letras de Galicia, entre outras moitas distincións.

A homenaxe ao Pai Calo comezará cun fragmento do Divertimento concertante do compositor galego José Arriola (1896-1954).

A continuación soará a Suite nº 3 en Re de Johann Sebastian Bach (1685-1750). Os concertos concluirán coa Sinfonía nº 84 In nomee Domini de Franz Joseph Haydn (1732-1809).

Outros artigos

A pintura de Rosa Fernández Caamaño regresa a Noia

O Casino de Noia acolle do 4 ao 31 de agosto unha nova exposición da artista noiésa Rosa Fernández Caamaño, unha oportunidade para descubrir a obra dunha creadora profundamente vencellada á súa terra de orixe. Nada en Noia, Rosa Fernández Caamaño desenvolveu a súa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.