O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría da Seguridade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), informa de que a Policía local intensifica os controis de mobilidade nas fronteiras do municipio debido ao peche perimetral de concellos limítrofes.
Así mesmo, os axentes do referido corpo policial efectuarán a vixilancia en locais hostaleiros, comercio e espazos públicos para o cumprimento do protocolo e medidas implantadas por mor da situación sanitaria derivada da COVID-19.
A Pobra ultima a elaboración dun plan municipal “pioneiro” fronte aos apagamentos
O Concello da Pobra do Caramiñal disporá dun plan municipal de apagamentos. Así o confirmou o alcalde, José Carlos Vidal, sinalando que se trata dunha “iniciativa pioneira na que Protección Civil leva meses traballando e que está xa moi avanzada”. Tanto é así, que a...




