A Policía Local de Boiro formase no uso de desfibriladores semiautomáticos

A Policía Local de Boiro estase a formar estes días no emprego de desfibriladores semiautomáticos. O Concello puxo á súa disposición estes dispositivos que, segundo indica, necesitan adestramento previo antes de poder ser utilizados.

Así, os axentes do corpo da Policía Local formáronse en técnicas de reanimación cardiopulmonar básica, esencial para poder usar este tipo de dispositivos, e tamén recibiron formación práctica para o uso dos mesmos.

O Concello de Boiro vén de adquirir catro novos desfibriladores para dotar nas instalacións municipais. Dos catro que se adquiriron un vai ser para a Casa Consistorial, outro para o Pavillón da Cachada, outro para o Pavillón de Barraña e o cuarto para o Centro Social de Boiro. Estes súmanse aos que xa dispón o Concello en outras dependencias municipais, no vehículo da Policía Local e de Protección Civil.

O obxectivo da Administración local é “equipar con estes sistemas o maior número de instalacións e tamén dar a formación esixida ao persoal para o seu correcto uso en caso de necesidade e que Boiro sexa un municipio cardioprotexido”.