A Pobra suspende actividades culturais, pecha parques e cancela actividades deportivas non federadas

29 Decembro 2020

Ante a grave situación que vive a nosa comarca e co obxectivo de pór freo ao importante número de contaxios e casos activos, o Concello da Pobra do Caramiñal emitiu un bando no que informa á cidadanía das medidas extraordinarias que son de aplicación no termo municipal, dende o inicio esta semana até o 11 de xaneiro. Estas son as medidas establecidas polo Goberno da Pobra:

· Primeira. Suspéndese tódalas actividades de ocio e tódolos espectáculos de carácter cultural organizados polo Concello.

· Segunda. As actividades previstas para o día 5 de xaneiro, que substituirían a tradicional Cabalgata de Reis, cancélanse tal como estaban organizadas e pasaranse a realizar de maneira telemática.

· Terceira. Procederase ao peche dos parques infantís e biosaudábeis de todo o termo municipal, que ficarán precintados ata que se autorice de novo o seu uso.

· Cuarta. A Biblioteca Municipal, o Museo Valle-Inclán e a Oficina de Información Turística na Casa Mariñeira deixarán de dar atención presencial ao público. Porén, continuarase co servizo de préstamo de libros en funcionamento, que deberá solicitarse mediante unha cita previa.

· Quinta. Suspéndense tódalas actividades deportivas non federadas nas instalacións municipais, tanto ao aire libre coma as que se realizan a cuberto. A práctica deportiva federada séguese a autorizar, sen prexuízo de que se revisen os protocolos en funcionamento e de que se poidan estabelecer medidas extraordinarias para cada modalidade deportiva en concreto.

· Sexta. Non se autoriza o uso de ningunha dependencia municipal para a realización de ningún tipo de actividade. Queda expresamente prohibido o uso de calquera espazo público nos seguintes casos:

-Actividades culturais ou lúdicas, tanto as de carácter público coma privado.

-As exposicións e mostras quedan clausuradas.

-Actividades de formación como cursos, obradoiros ou outras de análoga natureza.

-Xuntanzas de entidades, asociacións ou clubs deportivos, tanto de carácter público coma privado.

· Sétima. Suspéndese a realización do mercado ambulante dos mércores.

· Oitava. Procederase a intensificar as tarefas de desinfección por parte da Agrupación de Voluntarios/as da Protección Civil, que se realizarán diariamente cando menos nos seguintes espazos e horarios:

– Ás 20:00 horas comezarán na contorna do centro de saúde e residencia de maiores.

– Despois das 23:00 horas, para evitar molestias á cidadanía, realizarase a desinfección do centro urbano, poñendo unha especial énfase no mobiliario público, como bancos e papeleiras, e nos contedores do lixo, vidro, papel, envases, roupa e aceite; e, en xeral, en calquera superficie que poida servir de vehículo de contaxio para a COVID-19.

Estabelécense todas estas medidas sen prexuízo doutras que se puideren tomar con posterioridade e de todas aquelas que ditaminaren as autoridades sanitarias, a nivel autonómico e estatal.

Outros artigos

O Elma acolle este venres a proxección de “Matria”

O Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal, no marco do ciclo Venres de Cine, acolle este venres 13 de febreiro a partir das 21.00 horas a proxección do filme galego Matria, dirixido por Álvaro Gago. A entrada é de balde ata completar a cabida. Organiza a concellaría de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

Era un gusto falar con el e escoitalo falar, ata que chegaba a hora de pagar. Despois devarios anos, todos esperaban todos os días a que pagara el, pero nunca acontecía o milagre.Era agarrado, un cotroso e conicho como son os coreños. Na taberna pedía do mellor,...