A Pobra ofrece obradoiros de conciliación para o Nadal

O Concello da Pobra, por medio da Concellería de Igualdade, ofrece a posibilidade de realizar obradoiros de conciliación para o Nadal. Estas actividades terán lugar no CEP Salustiano Rey Eiras dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro e estarán dirixidas a nenos/as nados entre 2009 e 2017.

Debido á COVID–19, estableceranse grupos reducidos de 5 persoas por monitor/a. Como novidade, este ano as actividades poderanse realizar de tarde, xa que o horario será de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. O custo do obradoiro é de 30 anos por cativo, aínda que aplicarase un desconto do 50% ao segundo irmán. Para as familias de máis de 3 fillos, o terceiro non terá que pagar.

A actividade conta cun Servizo de Madruga con custo. As familias que o precisen, deberán pagar 8 euros a maiores para deixar ó cativo ás 8:30 da mañá ou 12 euros se queren levar ó neno/a antes das 7:30 horas.

As persoas que estean interesadas poderán solicitar a información nas Oficinas de Deportes do Concello, así como formalizar a súa solicitude. O establecemento encóntrase aberto dende as 9:30 ata as 14:30 horas. Ante calquera dúbida poderán chamar aos seguintes teléfonos: 981832590 e 981831545. O último día para apuntarse é o 21 de decembro.