Ribeira, Boiro e Rianxo seguirán confinadas ata mediados de xaneiro. A morte de 6 persoas, unha de Ribeira, eleva a 1.369 as vítimas por COVID

26 Decembro 2020

A actual situación sanitaria dos tres concellos do Barbanza indica que a situación de confinamento continuará ata a segunda semana de xaneiro e sempre segundo a evolución dos positivos. Así Boiro baixa a 185 casos, Ribeira tamén baixa a 108 mentres que Rianxo subiu en seis casos situándose en 47 o que fai que os concellos teñan un índice moi elevado por número de habitantes.
Por outra banda en Galicia Sanidade informa da morte doutras seis persoas diagnosticadas con covid-19 o que eleva o número de vítimas da pandemia en Galicia ata as 1.369, segundo os datos ofrecidos pola Consellería na tarde deste sábado.

Tres dos falecidos atopábanse en hospitais de Vigo, dous en Santiago e a restante, unha muller de 70 anos, no Hospital da Mariña da área sanitaria de Lugo.
Pola súa banda, os dous falecidos no CHUS de Santiago foron unha muller de 94 anos e un home de 88 este veciño de Ribeira.

Todos eles presentaban patoloxías previas, segundo confirmou a Consellería de Sanidade.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.