A incidencia acumulada de máis de 350 casos nos últimos 14 días, causa do peche de Boiro

05 Decembro 2020


A incidencia acumulada a 14 días de 366 casos resultou clave para que o comité de expertos da Consellería de Sanidade acordase pechar perimetral desde este sábado o municipio de Boiro , onde se elevan as restricións ao máximo nivel pola evolución negativa da pandemia.

Así figura na orde publicada na noite do venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que establece o paso ás restricións severas no Concello de Boiro.

Sanidade apoia a súa decisión nos informes negativos da Dirección Xeral de Saúde pública sobre a evolución da pandemia en Boiro, onde a maior taxa de positividade está a darse na franxa de idade que vai dos 35 aos 39 anos.

Así as cousas presenta unha incidencia acumulada durante 14 días de 366,6 casos, ademais de rexistrar máis de 10 positivos durante os tres últimos días. Sanidade acorda elevar as restricións nesta localidade, medida que é efectiva xa desde a madrugada do sábado.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.