A Fieiteira será ampliada cun novo edificio cuberto destinado á atletismo e deportes de combate

12 Decembro 2020

CONCELLO DE RIBEIRA E XUNTA DE GALICIA ASINARÁN UN
CONVENIO PARA FINANCIAR AS OBRAS,QUE SE PREVÉ
POIDAN COMEZAR NO VERÁN DE 2021

Unha nova edificación de dúas plantas destinada á práctica de atletismo e
deportes de combate vai engrosar as instalacións doComplexo
Polideportivo da Fieiteira o ano que vén. Así o adiantou o alcalde
Manuel Ruiz na noite pasada no transcurso do acto de entrega das
becas do Concello a 25 deportistas de Ribeira, celebrado no auditorio
municipal.
O inmoble –que aínda que independente estará conectado interiormente co complexo existente pola parte da piscina– disporá de 1.902 metros cadrados, dos cales 1.478 estarán en planta baixa e 424 no primeiro andar: unha superficie que permitirá a práctica homologada de distintas especialidades atléticas como probas de velocidade, lanzamentos de peso ou saltos –unha disciplina esta última na que Ribeira é un referente grazas a Ana Peleteiro–, ademais de dispor de ximnasio, dous vestiarios, unha aula e tres tatamis, entre outros equipamentos. A zona de aparcamentos
afectada será reaxustada para poder conservar un número de prazas
de estacionamento semellante ao actual.
O orzamento de execución material ascende a 625.000 euros, que se
financiarán mediante un convenio que está previsto firmar entre o
Concello de Ribeira e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta. A
intención é sacar a obra a licitación a principios do ano que vén e que
a construción do novo inmoble poida iniciarse no entornodo verán.
Deste xeito, o Complexo da Fieiteira verá incrementada unha vez máis as súas prestacións logo de que este mesmo mes se veña de poñer en marcha un circuíto de pumptrack para ciclistas e patinadores.

Outros artigos

En Ribeira a rapazada de Banda ó Río estrea un novo parque infantil

O barrio ribeirense de Banda ó Río estrea hoxe un parque infantil completamente renovado. O goberno local, xunto cun bo número de veciños e veciñas, puideron comprobar as novas instalacións de xogo. O investimento para actualizar o Parque de Pedra Pateira ascendeu a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...