A demanda das bolsas para estudantes do Concello de Boiro superou as 100 solicitudes

01 Decembro 2020

O Concello de Boiro pechou este venres o prazo de solicitudes para acceder ao plan de axudas para estudantes do curso 2020/21 que convoca a Concellería de Educación. A demanda desta oferta alcanzou un total de 110 solicitudes.

O investimento realizado por parte do Concello de Boiro neste plan de axudas, supón un total de 5.000 euros, repartidos para gastos de transporte, alugueiro, manutención… A convocatoria está destinada ao alumnado que cursa estudos técnicos, medios ou superiores, dos cales non exista a posibilidade de realizalos no municipio.

A resolución das solicitudes levarase a cabo segundo un réxime de concorrencia competitiva. Entre as condicións recollidas nas bases atópanse: tipo de familia, situación de emprego ou desemprego do proxenitores, lugar de residencia ou transporte empregado e o expediente académico.

Al bolsas serán repartidas entre o alumnado ata rematar cos 5.000 euros cos que conta a oferta. Así, distribuiranse as bolsas seguindo un sistema de puntos: de 1 a 5 puntos, 100 euros, de 6 a 8 puntos, 150 euros e máis de 8 puntos, 200 euros. A resolución das bolsas poderá consultarse nos vindeiros días na páxina web do Concello e notificarase a todas as persoas solicitantes.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.