A campaña pobrense Raña e gaña repartiu máis de 300 agasallos

10 Decembro 2020

O pasado 28 de novembro botaba a andar a campaña Raña e gaña no Concello da Pobra, co obxectivo de dinamizar a economía do municipio. Dende o seu inicio, a iniciativa xa leva repartidos arredor de 35.000 rascas e máis de 300 agasallos.

A proposta supón a distribución de máis de 70.000 tarxetas nos 71 establecementos comerciais e de servizos do termo municipal ata o día 6 de xaneiro, data na que remata a iniciativa.

Así, por cada dez euros de compra nos locais que toman parte desta campaña, entregarase un rasca, no caso de estar premiado, especificarán o establecemento onde recoller o agasallo. Doutra banda, no caso concreto das contribucións das empresas colaboradoras, a persoa agraciada deberá acudir co seu rasca á Oficina de Turismo.

A campaña acolle diferentes sectores do comercio local, tendas de roupa, alimentación, deportes, centros de estética, froitarías ou informática. Esta variedade supón unha gran heteroxeneidade á hora de repartir os agasallos: dende produtos alimentarios a un smartphone, pasando por ceras, tratamentos de beleza… En canto ás achegas por parte das empresa colaboradoras atópanse lotes de produtos, rutas en quad, menús ou viaxe familiar a Eurodisney. O período estipulado para recolle-los premios será ata o 28 de febreiro de 2021.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.