21 novos casos na área sanitaria Santiago-Barbanza. Morre unha muller no CHUS. Galicia rexistra un total de 5.609 casos activos

20 Decembro 2020

A área sanitaria de Santiago e Barbanza experimentou un novo repunte. Con 21 positivos máis, a área ten actualmente 1.216 casos activos de COVID-19 e crece tamén a presión hospitalaria e a cifra de pacientes ingresados elévase ata 73, sete máis que na xornada anterior.

Sanidade informa da morte este domingo dunha muller de 96 anos no CHUS que fora diagnosticada de infección por coronavirus.
Presentaba patoloxías previas.

O hospital de Barbanza segue estando libre da Covid, na HM A Rosaleda hai unha persoa internada e no Clínico hai 72, cinco delas na unidade de coidados críticos. Os casos máis graves diminúen e na uci hai un enfermo menos. Na área sanitaria sube a 177 o número de vítimas mortais.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.609, deles 887 son da área da Coruña, 371 da de Lugo, 470 da de Ourense, 936 da de Pontevedra, 1.243 da área de Vigo, 1.216 da de Santiago e 486 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 293 en unidades de hospitalización e 5.263 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 52.125 persoas curadas, rexistrándose 1.338 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.038.999.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.