Once novos positivos en cribados en empresas da Pobra, Boiro e Ribeira. Catro novos falecidos soben a 1.323 as vítimas en Galicia

15 Decembro 2020

Un total de 11 novos casos positivos foron detectados ata o momento no cribado da covid-19 realizado a fin de semana en empresas da Pobra do Caramiñal, Boiro e Ribeira.

A área sanitaria de Santiago-Barbanza informa que as probas foron realizadas ao longo da fin de semana no Hospital do Barbanza para a detección de casos asintomáticos.

En concreto, participaron un total de 4.568 persoas do total de 5.327 citadas o que sitúa a porcentaxe de participación no 85,75%.

Sanidade informa por outra banda que Galicia rexistra catro falecidos máis con coronavirus e alcanza un total de 1.323 vítimas
A Consellería de Sanidade comunicou este martes catro falecidos máis con coronavirus –todos con patoloxías previas–, de forma que o total de mortes en Galicia desde o inicio da pandemia elévase a 1.323.

Esta cifra de falecidos supón a menor notificada en Galicia desde o pasado sábado –xornada con tres óbitos–. Hai un descenso respecto ao domingo –seis vítimas– e luns –sete–.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...