Teatro do Improvisto leva a Rianxo, o día 28, as aventuras de Nanda

20 Novembro 2020

O 28 de novembro Rianxo acollerá a representación de Nanda na encrucillada, un espectáculo de Teatro do Improvisto. Será ás 19.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio, sendo necesario (por mor das prazas limitadas) formalizar a reserva a través de auditorio@concelloderianxo.gal ou ben no teléfono 664 183 217, do 20 ao 26 de novembro de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. Trátase dunha peza destinada ao público familiar, preferentemente para crianzas a partir dos oito anos.

Respecto do argumento, o espectáculo tan a Nanda como protagonista, que, farta de todo o que a rodea, decide emprender unha viaxe sen rumbo, cargada cunha maleta que pesa menos que todos os seus conflitos internos. “A obra é unha crítica aos pretextos establecidos; unha forma de ver máis alá do camiño que supostamente debemos seguir”, explican dende Teatro do Improvisto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...