Teatro do Atlántico representará Dúas donas que bailan no Elma da Pobra

10 Novembro 2020

O antigo cine Elma acollerá este domingo 15, ás 19.00 horas, a representación da obra Dúas donas que bailan, da man de Teatro do Atlántico. A dita peza ponnos na pel dunha muller maior e viúva e que soña cunha viaxe a París e que se resiste a abandonar o esfarelado piso en que habita, malia as presións dos fillos, con quen non mantén boa relación, e tamén da axencia inmobiliaria propietaria do inmóbel. Os problemas adquiren unha intensidade maior cando entra en xogo unha muller á que a familia encárgalle facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana, profesora de Lingua e Literatura e obrigada polas circunstancias a aceptar traballo.

O seu carácter contestatario non ten nada que envexar se o comparamos co da vella, polo que cada xeira de traballo converterase nun continuo tirapuxa entre as dúas mulleres, que non poden evitar que abrollen ante o público os seus soños e fracasos, “nunha viaxe intensa, divertida e brutalmente conmovedora”, segundo fai saber a compañía responsábel do espectáculo.

As intérpretes son María Barcala e María Ángeles Iglesias. Na ficha técnica figura como autor Josep M.ª Benet i Jornet, dirección de Xúlio Lago, axudante de dirección Esther Carrodeguas e tradución de Aleixandre Lago.

Esta cita enmárcase na programación teatral para esta tempada outono/inverno organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada é de balde e a actividade transcorrerá seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben facer a súa reserva na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981 831 545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...