Señora Supina representará Cinco Mulleres que comen tortilla no Teatro Elma

24 Novembro 2020

A compañía Señora Supina subirá as táboas do Teatro Elma, en A Pobra, para representar a peza Cinco Mulleres comen tortilla. O espectáculo está organizado pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, e comezará ás 19.00 horas do próximo domingo, 29 de novembro. A obra está destinada a persoas maiores de 16 anos e precisará que os espectadores sexan activos e colaboren.

Cinco Mulleres que comen tortilla trasladará ao público á América de 1956, coa Sociedade de Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein, que celebraban o seu concurso anual de tortillas. A comedia renderá culto ao ovo e as actrices reafirmarán que comer tortilla é o mellor que teñen na súa vida. Con todo, esta peza pretende reivindicar os valores LGTBI das mulleres homosexuais a partir do humor. É por iso que están moi presentes nela, facultades e dereitos como a liberdade, a relixión, o feminismo ou as moralidades.

A obra teatral está dirixida por Javier Lojo, mentres que a escenografía ven da man de Vanesa Regengo. Doutra banda, o elenco está composto por Nola Drake, Laura Quintas, Alba Outeda, Gabi Modesto e Raquel Ferraz.

Todas as persoas que queiran asistir deben formalizar a súa reserva na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do seguinte número de teléfono: 981831545.

Outros artigos

Este sábado A Pobra acolle a manifestación contra Altri

Este sábado, 22 de marzo de 2025, levará a cabo na Pobra do Caramiñal unha manifestación por terra e mar en protesta contra o proxecto de instalación dunha planta de celulosa por parte da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei (Lugo) e a posible reapertura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...