Ribeira intensifica as medidas anticovid clausurando parques infantís e pistas deportivas ao aire libre

20 Novembro 2020

O alcalde de Ribeira Manuel Ruiz ofreceu este mediodía unha rolda de prensa de para anunciar novas medidas tomadas de urxencia para tratar de
evitar a propagación da pandemia no municipio ante o aumento de contaxios rexistrados nos últimos dez días. Entre elas, o peche con carácter inmediato de parques infantís e biosaudables e as pistas multideporte ao aire libre.

O Alcalde de Ribeira trala comparecencia explicando as novas medidas anti COVID

“Creo que nestes momentos Ribeira empeza a entrar no umbral do que poderíamos considerar preocupante”, declarou o alcalde, quen aludiu ás negativas consecuencias que para á economía local e en especial para o comercio e a hostalería do municipio entrañaría un posible peche perimetral nestas datas.
Para tratar de frear esta ameaza, ademais de precintar parques e pistas prolónganse como mínimo ata o 30 de novembro as restricións adoptadas a semana pasada: suspensión de actividades municipais (cursos, eventos, ensaios, funcións teatrais, etc.) e peche de instalacións deportivas.
Así mesmo, potenciarase o teletraballo entre o persoal do Concello e
amplíanse as reunións telemáticas que xa se están celebrando nas xuntas de goberno a outras reunións periódicoas como as de coordinación (tamén vai propoñer aos grupos que o próximo pleno sexa telemático) . Desinfeccións
No que se refire ás desinfeccións que diariamente se están facendo en marquesinas, parques e no entorno do hospital, dos centros de saúde e das residencias de maiores, vanse ampliar estes labores a dependencias municipais e vías públicas.
“O que se pretende con estas medidas é actuar no ámbito que é competencia do Concello —sinalou o alcalde—, pero sobre todo que a xente se dea conta de que estamos nun momento crucial que depende do noso comportamento cívico”.
Neste senso, apelou a que a veciñanza adopte as máximas precaucións posibles na súaa vida diaria e así foi comunicado dende o goberno aos responsables da asociación de empresarios e do colectivo de hostaleiros.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.