Con motivo da conmemoración do Día da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 – N, o Concello de Rianxo realizou unha charla educativa coa psicóloga Natalia Guedella. O obxectivo desta actividade foi potenciar a participación dos homes nos coidados infantís, baixo o lema de Para vivirnos nun Rianxo feminista, trae un home.
Nas últimos programas que organizou a Escola de Familias de Rianxo coa axuda dos departamentos de Benestar e Normalización Lingüística, detectouse un porcentaxe moi baixo de homes. Isto significa que nas necesidades dos máis pequenos no ámbito familiar, a muller segue estando en cabeza. Esta foi unha das razóns polas que o Concello de Rianxo convidou a participar ós homes nesta iniciativa, que se celebrou onte no Auditorio de Rianxo, ás 16:30 da tarde.