Rianxo acolle este venres a terceira edición do Memorial Mireya Dieste

06 Novembro 2020

Este venres 6 de novembro vaise celebrar no Auditorio de Rianxo a terceira edición do Memorial Mireya Dieste, unha actividade conmemorativo-musical (que rende homenaxe á sobriña do escritor local Rafael Dieste, que destacou pola súa traxectoria como intérprete de piano) organizada pola Irmandade de Música Galega e mailo Concello.

Ás 18.00 horas, no salón de actos, celebrarase a presentación do traballo doutoral A guitarra na Galiza, de Isabel Rei Samartim, e presentado por Alejo Amoedo.

Ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes, celebrarase o concerto de piano Adalid a quatro maos, a cargo de Margarita Viso e Juan Durán, e presentado por Orjáis e Isabel Rei.

Para ambos actos hai prazas limitadas, pódese realizar a reserva de localidades para cada unha das propostas en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 2 ao 4 de novembro, de 9.00 a 13.30 horas, en días laborais.

A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.

Mireya Dieste

Mireya Dieste, que morreu en 2015 aos cen anos, era sobriña do ilustre escritor Rafael Dieste, filla de Eduardo, un dos irmáns maiores do celebrado autor de A fiestra baldeira. Mireya-Magdalena, que residía en A Coruña, pasou boa parte da súa nenez en Rianxo e logo comezou un periplo polo mudo acompañada en primeira instancia polo seu pai, que era diplomático.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.