Remata en Ribeira a formación culinaria da primeira edición do obradoiro O Pote

12 Novembro 2020

O Concello de Ribeira informou do remate das actividades de formación culinaria do obradoiro de emprego O Pote, no que se adestraron nos fogóns, na Escola Municipal de Hostalería, quince alumnas e alumnos dende novembro do ano pasado. A conclusión das actividades de formación veu acompañada dun acto de clausura no Centro Cultural Lustres Rivas.

O acto contou coa intervención do delegado territorial de emprego da Xunta, Isidoro Martínez; da primeira tenente de alcalde María Sampedro e do concelleiro de Innovación e Promoción Económica Ramón Doval.

No transcurso da clausura puxéronse en valor os beneficios deste tipo de iniciativas “para aumentar a calidade dun sector tan importante para este municipio como é o culinario”. De feito, anunciouse que na semana entrante dará comezo outro obradoiro de emprego de cociña (denominado O Pote II) coa participación de quince novos alumnos-traballadores de entre 18 e 29 anos.

Tahume VI

Ademais, a tenente de alcalde anunciou a próxima formación doutro obradoiro de emprego organizado entre Ribeira e Porto do Son (de nome, Tahume VI, xa que é o sexto taller destas características compartido por ambos municipios) con especialidades en traballos en carpintería e con actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. En total serán vinte persoas as que se formen neste obradoiro (dez e dez).

Tras a proxección dun vídeo resumo dos traballos elaborados ao abeiro de O Pote nas instalacións situadas no segundo andar do mercado (tales como demostracións gastronómicas, workshops ou confección de menús solidarios), os participantes realizaron unha fotografía de grupo en compañía do seu profesorado e respectando os protocolos antiCOVID.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.