“Regular campañas é cousa de todos”. Antón Luaces

17 Novembro 2020

Moitos son os que protestan porque a Consellería do Mar regula de xeito pouco estudado a extracción de determinados mariscos ou mesmo o polbo. Pero esas voces disconformes con tal actuación pouco ou nada din de aqueles que, como é este caso, se fan furtivamente con importantes cantidades de marisco. Por que calan cando o Servizo de Gardacostas da  Xunta comisa preto de 1.200 quilos de peixe e marisco, 150 útiles e 800 metros de artes de enmalle en distintos lugares de  Galicia?. Seica non doe que, a escasos días da apertura da veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra, se comisaran máis de mil quilos de centola en disitintas operacións, a máis importante delas en Ares?. Onde están esas voces contrarias á regulación das vedas, onde a condena a eses que rouban descaradamente, que arruínan a quen vive da pesca e o marisqueo respectando as normas para eles subministrar en canto se poida material conxelado a bares, restaurantes, etc., actualmente pechados en aplicación da normativa que tenta loitar contra a pandemia de coronavirus?. Porque non me van dicir que eses 1.200 quilos de peixe e marisco eran para consumo propio, xa que neste momento non se pode culpar á hostalaría de adquirir peixe e marisco capturados ilegalmente e por furtivos.

É vergoñento que nas rías galegas, no mar de Galicia, sexan os propios galegos os que depredan, os que rouban ós demáis traballadores do mar a posibilidade de coidar-cultivar o que mañá será o medio polo que poder vivir dese labor continuado, de facer sustentable aquilo que lles vai permitir dar de comer ós seus aínda que sexa cos apuros de sempre. Para aqueles que atentan contra os intereses da maioría dos pescadores e mariscadores de Galicia non hai máis condena co sorriso que mesmo pode ser de comprensión. Porque hai quen dí entender que se roube. Aquí non hai sitio para modernos Diego Corrientes que rouban ós ricos para lles dar ós pobres, porque os pobres non van comer ese marisco, eses peixes, e os que poden comprar o depredado non van tirar beneficio do roubado porque a subministración a bares e restaurantes pouco dados a non mirar a procedencia desas materias teñen as portas pechadas e ben pechadas (ao menos aparentemente).
Sinto noxo polas actuacións de aqueles que non reparan no dano causado ás especies, sobre todo á humana, coa súa actitude insolidaria e nada responsable, sexa quen sexa. E que ninguén tente xustificala coa necesidadeporque a pandemia, o mal momento que vivimos, a todos afecta (a uns máis ca outros, certamente, pero a todos).
As campañas no mar deben ser respectadas por todos. Todos somos corresponsables á hora de coidar o que o mar, con ou sen a axuda dos homes, nos da. Xustifico o castigo ós incumpridores e que tal castigo sexa exemplar porque de tal incumprimento pode derivarse en moitos casos a fame ou a necesidade de toda unha familia que sí respecta o traballo dos seus. Dos seus compañeiros, dos seus concidadáns.

Outros artigos

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

+

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.