Portos de Galicia priorizará a seguridade para a frota e os seus usuarios no 2021

04 Novembro 2020

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, dará prioridade nos investimentos de 2021 na provincia da Coruña ao reforzo da seguridade nas instalacións portuarias. Así llo trasladou esta mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, ao delegado territorial da Xunta na provincia, Gonzalo Trenor, nunha reunión de traballo na que avaliaron a proposta orzamentaria que está a ultimar o organismo portuario.

Susana Lenguas indicou que o documento provisional co que o ente público está a traballar recolle unha distribución dos investimentos que dá prioridade á nova construción, ampliación e mellora de pantaláns en diversos peiraos, entre eles Corme, Pontedeume, Fisterra, O Freixo, Muros, Miño, Betanzos, Corcubión, Testal ou Pontecesures. Con estas actuacións mellóranse as condicións de seguridade e operatividade para os usuarios dos peiraos.

Así mesmo, destacan as obras de integración entre os portos e as vilas mariñeiras, como é o caso das actuacións previstas para Porto do Son e Ribeira. Ademais, os orzamentos contemplarán a continuación das obras de dragaxe no peirao de Laxe, que xa se iniciaron neste 2020.

Finalmente, a proposta orzamentaria, que se pechará nos vindeiros días, inclúe melloras na edificación portuaria e actuacións de reforzo da operativa portuaria como a instalación de defensas e escadas e reforma de viais interiores.

Outros artigos

O 3 de maio comeza a veda do polbo e moitos compran para conxelar

Esta parada será de dous meses, pero a da campaña vindeira podería ser de catro. Este venres día 3 de maio ás catro da tarde comeza a veda. O polbo que veremos nos mercados ou será conxelado ou será de fóra. De aí que moitos busquen estes días o cefalópodo galego...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...