Porto do Son primeiro concello en ter Bandeira Verde de Galicia

09 Novembro 2020

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entregou esta mañá ao Concello de Porto do Son a Bandeira Verde de Galicia, polo que se converte no primeiro concello da provincia da Coruña en ondear este
distintivo. Ademais, xunto con Moaña, convértese nun dos primeiros concellos galegos en recibir os primeiros distintivos, promovidos pola Xunta de Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo entrega esta mañá desta bandeira ao rexedor municipal, José Luís Oujo, que recoñece o esforzo das administracións locais comprometidos coa protección da paisaxe e do medio ambiente.Nese sentido, Vázquez Mejuto salientou que o xurado valorou o traballo de Porto do Son en catro ámbitos de actuación: a protección da paisaxe, o cambio climático e a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos e as accións de sensibilización e comunicación; polo que se ten en conta a aposta deste municipio co desenvolvemento de boas prácticas no coidado da contorna, o respecto pola paisaxe, a redución das emisións de CO2, o fomento dunha correcta xestión do lixo e de medidas para garantir a integridade e limpeza de espazos de interese, como xardíns, praias, espazos etnográficos, etc, así como a posta en valor de monumentos naturais, a educación ambiental ou a redución do consumo enerxético.

A conselleira de Medio Ambiente recordou que unha das vantaxes da concesión deste distintivo é o Concello de Moaña contará cun mérito máis aos efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural.
Recordou que Galicia é unha rexión pioneira ao ser a primeira Comunidade Autónoma de España en crear un distintivo con estas características; aclarou que -se ben é certo que existen iniciativas similares- estas están promovidas por entidades privadas. Coa convocatoria realizada este ano, a primeira, a Xunta establece unha política pública coa que dar exemplo para avanzar no obxectivo común de conseguir unha Galicia verde e sostible.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.