Os filmes Quen a ferro mata e Ola de crímenes proxectaranse en novembro en Rianxo

O Auditorio de Rianxo vaise converter en cinema os vindeiros venres de novembro (20 e 27). Será da man do Programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña, que proxectará na Sala Arcos Moldes o filme galego Quen a ferro mata, de Paco Plaza, o día 20 e máis Ola de crímenes de Gracia Querejeta, o 27. As dúas sesións están previstas para as 20.00 horas e as dúas son recomendadas para maiores de 16 anos. As reservas de localidades poden facerse a través da conta de correo auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 183 217, de 9.00 a 13.30 h en días laborais.

Quen a ferro mata é unha longametraxe ambientada en Galicia e con actores galegos (Luís Tosar, Xan Cejudo, etc) que narra a historia de Mario, un enfermeiro que traballa nunha residencia de anciáns da nosa costa e que un día descobre que unha das persoas que ten que coidar é Antonio Padín, o narcotraficante máis coñecido da contorna. Polo que respecta a Ola de Crímenes, é unha comedia negra protagonizada por Maribel Verdú, que interpretada a unha muller acaba de divorciar quen, nun arrebato de carraxe, mata ao seu pai e decide facer o posíbel por ocultalo, desatando unha vaga de crimes na cidade de Bilbao.